TRABALLO ELABORADO POLOS DEPARTAMENTOS DE TECNOLOXÍA E CLÁSICAS. 3º ESO


Organizamos dúas viaxes, unha a Las Médulas para comprobar in situ o impacto paisaxístico da minería romana, que o alumnado xa traballara na aula previamente. Alí paseamos polo contorno do lago artificial de Carucedo, visitamos a Aula Arqueolóxica e subimos coa guía, que nos ía explicando o que víamos, ata o cume de Orellán.

Noutra viaxe fomos ata Piornedo onde dúas guías nos levaron polos sendeiros que coñecen de toda a vida contándonos antigas historias do lugar. Antes de marchar, visitamos a Palloza Museo.



Comentarios

Entradas populares