PAISAXE SONORA E AURALIDADE NA COMARCA DE SARRIA

Un ámbito que nos pareceu conveniente analizar dentro deste proxecto,  foi como as distintas realidades sonoras dos diferentes medios do entorno rural de Sarria xeneran elementos que nos axudan a entender mellor a nosa relación co medio. O alumnado de 3º de ESO decidiu traballar neste sentido elaborando unha serie de arquivos sonoros relacionados coas tres dinámicas de relación co territorio que o colectivo "1AUN" nos presentou na sesión formativa que realizaron para nós o 20 de marzo.

Para comezar, puidemos determinar un marco de traballo do seguinte xeito:



Deste xeito, o alumnado puido identificar na súa contorna que dinámica se axustaba máis a este marco de traballo, explorala e analizala.

Nun segundo estadio do traballo, traballamos cos conceptos de "paisaxe sonora" e "auralidade". Botamos man das investigacións do musicólogo e artista sonoro Xoán Xil-López que explica así este dous conceptos cos que traballamos:

"La amplitud del concepto «paisaje sonoro» se ha tendido como un importante vínculo interdisciplinar que ha incentivado la toma de conciencia de las cualidades acústicas de nuestro entorno. El sonido que nos rodea, nos acompaña y que producimos consciente o inconscientemente se convierte así en una información cada vez más relevante para la antropología, la arquitectura, el urbanismo, la ecología, la historia, la psicología, la creación artística...

[...]


Un lugar, como espacio habitado y cargado de significado, como «espacio de identidad, relacional e histórico» está, en gran medida, construido de memoria y una importante parte de esa memoria, ya sea individual o colectiva, es el resultado de la sedimentación en la que participa de forma determinante la auralidad. Cada entorno y cada situación —pero también cada acto y cada instante—, están vinculados inexorablemente a unos sonidos concretos que los caracterizan y los identifican, o los individualizan, frente a las acústicas de otros espacios y contextos."

Este encadre foi moi interesante pois situou a cada alumnado na determinación de cumplir coa terceira parte do proxecto que era recadar arquivos sonoros en campo. Este traballo realizouse en distintos puntos da comarca coma Vade, Santa Cruz do Incio, As Insúas, Nespereira, Vilagudín, contorna rururbana de Sarria... Un factor importante nesta parte do traballo era recadar arquivos sonoros que puidesen vincularse coa caracterización das dinámicas que interpretamos. O resultado pode escoitarse nestes arquivos:



Comentarios

Entradas populares