O impacto da actividade empresarial na nosa paisaxe. Departamento de FOL (EIE 2º MAS, 2º MAN)

No módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora creouse un espazo virtual Emprendoproxectoeie para darlle forma ao proxecto empresarial  que foron desenvolvendo ao longo do curso e a través do cal foron analizando o impacto ambiental que xera a actuación das empresas na nosa paisaxe.
Comezaron co impacto da publicidade na nosa contorna seleccionando unha serie de fotos ilustrativas e creando unha presentación co título "O impacto da publicidade na nosa paisaxe".

Logo crearon un muro virtual a través de padlet para mostrar exemplos de empresas que utilizan a paisaxe como reclamo publicitario.

Hecho con Padlet
Deseguido buscaron exemplos de medidas de responsabilidade social corporativa (RSC) que están a levar a cabo determinadas empresas e logo propuxeron as súas medidas particulares que levarían a cabo no seu proxecto empresarial e, por último, crearon a súa propia campaña de concienciación ambiental visible a través dos seguintes vídeos 
 

Comentarios

Entradas populares