ACTIVIDADE 1º ESO CCSS: "O LUME TAMÉN É PAISAXE?"

Despois da actividade de formación co colectivo "1AUN" na aula de 1º de ESO xurdiu unha pregunta importante e ben interesante: "O lume tamén é paisaxe?" A pregunta dá para cavilar moito e no espacio da aula o alumnado acordou determinar que si, efectivamente, o lume conforma unha paisaxe na medida que o lume é un producto da intervención do home no territorio. Desenvolvendo máis esta interesante cuestión se lle propuxo ao alumnado traballar coa incidencia dos incendios na paisaxe da comarca de Sarria.
Deste xeito, comezaron as pescudas en internet tentado determinar aspectos básicos para comezar a traballar: contexto do distrito forestal de Lugo- Sarria (Distrito IX), incidencia dos incendios forestais, vexetación, usos e dinámicas de aproveitamento do territorio (sobre todo o monte e o bosque) etc. Se estableceu unha comparación deste escenario territorial con outros da comunidade galega con maior incedencia de incendios forestais e chegouse a algunhas conclusións:

- percibiuse que aquelas áreas territoriais máis afectadas polos incendios forestais presentan características comúns: son zonas despoboadas, ou abandonadas, ou cunha cuberta forestal alóctona.

- percibimos tamén que as áreas de maior porcentaxe de poboación rural e de poboación activa adicada preferentemente ao sector primario presentan unha baixa incidencia de incidencia forestal.

- e por último, destacamos o feito que os usos do territorio baseados en prácticas tradicionais con explotación de especies autóctonas (carballo, castiñeiro, bídalo, toxo, uz...) establecen dinámicas de sustentabilidade que axudan a limitar ou reducir os efectos dos incendios forestais (deforestación, erosión do solo, etc...)




Con estas conclusións, o alumnado comezou a traballar para desenvolver unha presentación que ordenase e aclarase o seu proceso de investigación.























Podedes consultar aquí o traballo de investigación do alumnado de 1º de ESO

Comentarios

Entradas populares