TRABALLO ELABORADO POLOS DEPARTAMENTOS DE TECNOLOXÍA, LINGUA CASTELÁ E LINGUA GALEGA

O noso traballo é interdisciplinar entre os departamentos de Tecnoloxía, Lingua Castelá e Lingua Galega. Partimos da análise das lecturas obrigatorias dos cursos de primeiro e cuarto da ESO, nas materias de Lingua, e aplicámolo ao Plan Proxecta (Paisaxe e sustentabilidade). Partindo destas lecturas o alumnado elaborou un cuestionario de preguntas e respostas sobre os libros de lectura e sobre uns traballos de investigación que elaboraron sobre a orixe da toponimia da nosa bisbarra.
Ademais, o alumnado de primeiro da ESO recopilou e elaborou unha serie de adiviñas de temática paisaxística da nosa cultura tradicional, que lle foron proporcionadas na maioría dos casos polos seus avós.
Tendo en conta este traballo, o alumnado de primeiro da ESO creou na materia de Programación tres programas informáticos: "Adiviña que é", "Paisaxes da Bisbarra de Sarria" e "Los Pazos de Ulloa". Os programas consisten nun xogo onde o xogador xoga contra o ordenador. Este fai unha serie de preguntas que o xogador ten que responder correctamente. Se acontece isto o programa responde dun xeito, e de responder erroneamente actúa doutra maneira.
Os libros de lectura foron seleccionados previamente tendo en conta a temática do Plan Proxecta ao recolleren perfectamente a evolución da paisaxe.
As lecturas son Todo o tempo do mundo de David Pérez e Los Pazos de Ulloa de Emilia Pardo Bazán.

Para xogar a "Los Pazos de Ulloa" preme na bandeira verde.




Para xogar a "Paisaxes da Bisbarra de Sarria" preme na bandeira verde.



Para xogar a "Adiviña que é" preme na bandeira verde.

Comentarios

Entradas populares