MATEMÁTICAS E PAISAXE - 2º E.S.O.

Despois da visita ao noso centro do colectivo 1AUN quedounos claro que a paisaxe, amais dun panorama ou unha vista, é unha construción colectiva que se realiza entre o territorio e as necesidades da comunidade que o habita. Polo tanto, depende do medio xeográfico no que se encontra e das necesidades das persoas que nela viven. Tamén está en constante transformación, e esa transformación é unha responsabilidade colectiva, pois a súa construción ten que ser un soporte para nós e para as vindeiras xeracións.
O alumnado de 2º E.S.O. do noso IES procurou, na súa contorna, fotografías que relacionasen a paisaxe coas matemáticas. Aquí vos deixamos algunhas delas, se queredes velas todas este é o enlace: Matemáticas e paisaxe

















Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares