ANTROPOLOXÍA

Fixemos este traballo para o proxecto Terra para ensinar ao mundo a diversidade na paisaxe de Galicia, tendo en conta, os diversos factores que inflúen directamente na paisaxe. Para iso entrevistamos a xente maior que nos informou de todo o que se cultivaba antigamente, e sobre todo, que cambios notaron na súa paisaxe anos atrás.
Neste traballo ides ver fotos de cultivos e paisaxes galegas, as cales reflexan, comparando coas entrevistas, o gran cambio na paisaxe que se deu en Galicia.
Todo isto  influíu directamente na paisaxe, xa que se cambiou totalmente o tipo de cultivos. Sobre todo, grandes terras antigamente cultivadas, que hoxe están descuidadas xa que non son necesarias para a familia propietaria porque non vive alí ou non as necesitan.
  A situación dos montes mancomunados é outro tema  fundamental na paisaxe dun lugar. Os montes están ao coidado e a cargo da parroquia “propietaria” de dito monte; estas parroquias teñen a obrigación de coidalo, e, como é evidente, o coidado de dito monte, inflúe directamente na paisaxe e na economía das distintas familias.

Outro factor que traballamos, foi como influíu este cambio de paisaxe na sociedade, é dicir, na maneira de pensar, de actuar e vivir. Un cambio na cultura que reproduce unha sociedade ben distinta e con intereses que superficialmente parecen diferentes aos de épocas pasadas.  Superficialmente, porque as persoas necesitan ter unhas necesidades básicas cubertas e a partir de aí desenvolverse no medio que lle rodea,  establecendo contacto con outras persoas, como seres sociais que somos. Polo tanto, rematamos en alternativas que xa se están dando por parte dalgunhas persoas que viven no campo doutro xeito ou voltan a aldea para facer as cousas doutro xeito, respetando a paisaxe e polo tanto a natureza.
Esperamos que vos guste este proxecto.

Comentarios

Entradas populares