INICIANDO O TRABALLO: XORNADA DE FORMACIÓN CO COLECTIVO 1AUN

Despois dalgunhas reunións de coordinación e planificación, organizamos a primeira actividade de desenvolvemento da nosa contribución ao Plan Proxecta 2017 dentro do programa "Paisaxe e sustentabilidade". Para elo contactamos coa asocición 1AUN para crear un marco de colaboración a partir dunha xornada de formación que daría pé a tomar perspectiva para as nosas actividades. 1AUN é un colectivo multidisciplinar que leva traballando moito sobre a cuestión do territorio e a paisaxe.
O pasado luns 20 de marzo, Valerio e Julia achegáronos a súa análise sobre a realidade da habitabilidade e uso do territorio en Galicia. A súa posición está determinada no establecemento das relacións entre medio e usos do propio medio como factor de desenvolvemento de distintas situacións paisaxísticas e de xestión dos recursos do territorio. Deste xeito, amosáronos como os distintos usos e necesidades dos habitantes do territorio definen diferentes paisaxes e estruturas territoriais. A casa, ofrecida como elemento básico de organización económica, social e cultural, vai definindo distintas tipoloxías que están asociadas a distintas realidades humanas e modos de vida que conviven nun mismo espazo. Así, a casa dun productor de leite define unha paisaxe moi diferente á casa dunha familia que vive no rural pero traballa ou estuda fora da súa residencia.
A contribución de 1AUN resultounos moi productiva e deunos un marco de traballo moi axeitado para comezar a traballar dende distintas materias co alumnado.

Comentarios

Entradas populares